Publicador de contidos
Publicador de contidos

A asociación Érguete informa nos IES sobre o perigo das bebidas enerxéticas

A asociación Érguete informa nos IES sobre o perigo das bebidas enerxéticas

Usar estas bebida para render nos videoxogos é unha conduta que pretende combater a lei da Xunta que entrará en vigor o ano que vén

G24.gal 19/12/2023 10:26 Última actualización 19/12/2023 19:44

"Eu pola noite debería durmir, pero se tomo catro Monsters vou ter sono pola noite?". No instituto de Moaña unha educadora social da asociación Érguete pregunta aos adolescentes polos seus hábitos fronte ás pantallas.

"Claro, para poder aguantar máis xogando toman a bebida estimulante, e despois se teñen sono pola mañá, pois toman outra. O problemático é que, como as familias non saben o prexudicial que é, pois dánllela as propias familias", explica Jaime Fraga Ares, o xefe de servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Consellería de Sanidade.

Neste curso os nenos descobren que cada lata son seis cafés sós, e que ademais levan máis cafeína, a do guaraná, taurina... A media dos que consomen son tres latas, como 18 cafés. E tamén ata 15, 16 horas con videoxogos a fin de semana.

"Dez ou doce horas pola semana e a fin de semana ata 17 e 18. É máis habitual do que a xente pensa, e é un tema que fai falta traballar e que as familias saiban", apunta Noelia Romero, a educadora social da asociación Érguete. 

Provoca nos adolescentes problemas de atención, aprendizaxe, de insomnio e mesmo problemas cardíacos nun consumo continuado.

"A maioría da xente está influenciada a drogarse, vapear, tomar alcol pola influencia do grupo para ser máis guai, e con isto pasa igual. Hai que controlar bastante, porque senón tes unha vida desastrosa, porque o teu día a día é bebida enerxética, xogar ata as dúas, e non creo que sexa un xeito san dunha vida. Creo que estamos máis concienciados no tema e xa temos máis coñecementos para estar alerta", explicaron os nenos ao final da sesión.

A lei que prohibe estas bebidas para menores entrará en vigor o ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade