A Asociación Paluso solicita axuda para acondicionar un baixo que lles cedeu o Concello
A Asociación Paluso solicita axuda para acondicionar un baixo que lles cedeu o Concello
Piden axuda para arranxalo, tanto material como humana
Antes de finais de ano esta entidade deberá baleirar o local benéfico de Conxo
O baixo de 120 metros cadrados foi cedido polo Concello de Santiago á Asociación Paluso para que o acondicione como sede. Agradecen que a Administración local cumprira a súa promesa de facilitarlles un inmoble, pero piden axuda para arranxalo, tanto material como humana.
Albanelería, electricidade e todo o necesario para poder atender aquí as necesidades dos centos de persoas ás que axudan.
Esta chamada de socorro é, ademais, urxente, porque antes de finais de ano esta entidade deberá baleirar o local benéfico de Conxo onde almacena os produtos que destina a doazóns.
A asociación xa prepara a cea de Noiteboa e o xantar de Nadal que organiza de forma altruísta desde fai 26 anos e que nin sequera a pandemia interrompeu. Pero, ademais, Paluso atende diariamente persoas que precisan roupa ou útiles, e reparte alimentos para unhas 600 persoas de forma periódica.