A audiencia das emisoras de Radio Galega aumenta un 11 % e alcanza os 152.000 oíntes
A audiencia das emisoras de Radio Galega aumenta un 11 % e alcanza os 152.000 oíntes
No conxunto da semana, as emisoras de radio da CRTVG chegan aos 145.000 oíntes
Radio Galega Música incrementa a súa audiencia nun 160 %
O conxunto das emisoras da Radio Galega alcanzan os 152.000 oíntes, segundo o Estudo Xeral de Medios publicado este martes.
O dato supón un incremento do 11 % de luns a venres con respecto á onda anterior.
No conxunto da semana, as emisoras de radio da CRTVG alcanzan os 145.000 oíntes, é dicir, 3.000 novos oíntes con respecto á segunda onda do ano.
Radio Galega alcanza nesta segunda onda 113.000 oíntes de luns a venres e 117.000 no conxunto da semana.
A última onda do EXM reflicte, ademais, unha notoria suba de Radio Galega Música, que chega aos 39.000 oíntes de luns a venres, o cal supón un incremento, o segundo de maneira consecutiva, do 160 %, con 24.000 novos oíntes con respecto á onda anterior.
No conxunto da semana, Radio Galega Música alcanza os 28.000 oíntes, o cal supón un incremento do 47’4 %, con 9.000 novos oíntes.