A Audiencia Nacional investiga como terrorismo o tiroteo a Vidal-Quadras

Investígase a hipotese de que o réxime iraniano estea a cargo do disparo

Efectivos do SAMUR atendendo a Alejo Vidal-Quadras tras o tiroteo (EFE/Emergencias Madrid. Ayuntamiento Madrid) Efectivos do SAMUR atendendo a Alejo Vidal-Quadras tras o tiroteo (EFE/Emergencias Madrid. Ayuntamiento Madrid)
G24.gal 13/11/2023 11:33

A Audiencia Nacional faríase cargo da investigación do disparo ao expolítico Vidal-Qudras, ao considerarse que podería tratarse dun delito de terrorismo.

Ata agora, a investigación corría a cargo do Xulgado Central de Instrución número 1, do que é titular Francisco de Jorge. Debido a estás últimas conclusións, o maxistrado acordou incoar dilixencias previas e espérase a que o xulgado aprobe a posible competencia da Audiencia Nacional, encargada de investigar este tipo de casos.

A hipótese principal, desenvolta por Vidal-Quadras, é que o réxime iraniano pode estar detrás deste feito, debido ás súas relacións coa oposición iraniana. De feito, foi incluído nunha lista feita polo réxime en que eran anunciadas sancións contra 34 persoas e entidades da Unión Europea por "apoio a grupos terroristas e propagación da violencia e do odio".

Ademais, o Consello Nacional da Resistencia de Irán (CNRI) condenaba o ataque, que non dubida en consideralo como "terrorista".

Os feitos

O expolítico, expresidente do PP catalán, que posteriormente recalou en Vox, foi hospitalizado logo do disparo producido á altura da cara, na rúa Núñez de Balboa. Aínda recibe atención médica, mais a súa vida non corre perigo.

Dende ese día búscase un home como suposto autor do disparo, que fuxiu nunha moto cunha segunda persoa. Sospéitase que esa segunda persoa era unha muller. A policía está a analizar unha moto calcinada que foi atopada en Fuenlabrada por se existe relación cos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade