Publicador de contidos
Publicador de contidos

A automoción galega urxe que se publique a convocatoria das axudas do PERTE

A automoción galega urxe que se publique a convocatoria das axudas do PERTE

Confían na capacidade do sector para optar a eses fondos

G24.gal 10/12/2021 14:47

A automoción galega confía nas súas capacidades para competir con distintos proxectos por esas axudas e paliar así a caída de produción que veñen arrastrando. 

Dende a Asociación de Industriais Metalúrxicos apuntan que se trata dunha nova que estaban agardando e que teñen moitas esperanzas postas nesas axudas.

Estiman que o 2022 será un ano moi duro para a automoción e defenden que os fondos destes proxectos de recuperación son tamén fundamentais para as pequenas e medianas empresas.

O problema, para a Confederación de Empresarios de Pontevedra, é que levan un ano agardando para coñecer cales son os requisitos para acceder ás axudas. A automoción dá emprego en Galicia a unhas 30.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade