Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Axencia Española do Medicamento ábrese agora a estudar o efecto das vacinas da covid sobre a menstruación

A Axencia Española do Medicamento ábrese agora a estudar o efecto das vacinas da covid sobre a menstruación

Estudos previos en Noruega e nos Estados Unidos apuntan que as de Pfizer e Moderna poden alterar a regra de xeito leve e transitorio

Os inmunólogos consideran que é unha reacción completamente normal que tamén se da con vacinas coma a da gripe ou o VPH

G24.gal 01/03/2022 11:12

O 13º informe de Farmacovixilancia do Ministerio de Sanidade ten en conta por primeira vez dous estudos previos, un de Noruega e outro dos Estados Unidos, que falaban de cambios leves transitorios no ciclo menstrual tras a administración das vacinas de Pfizer ou de Moderna.

Non estaba na listaxe dos efectos sobre os que nos advertían á hora de vacinarse, pero o número de casos comunicados e varios informes internacionais fan que a Axencia Española do Medicamento se abra agora a avaliar os posibles efectos das vacinas de ARN sobre a menstruación, que os inmunólgos consideran completamente normal.

"É un fenómeno moi habitual que tamén producen as infeccións e outras vacinas"

Explica a inmunóloga África González que estes cambios se deben "a unha resposta inflamatoria que se provoca para poñer en marcha a resposta inmunitaria".

Non se sabía porque nunca se vacinaran tantas mulleres en idade fértil. Pero que se adiante ou se atrase a regra, que se prolongue de máis ou sangrados algo máis abundantes son efectos normais, aseguran.

A vacina din que non afecta en absoluto a fertilidade, recoméndase para embarazadas e os sangrados tras a menopausa non teñen nada que ver, así que, se se producen, hai que consultar co médico.

"O efecto da vacina é moi transitorio e nun par de ciclos recupérase dun xeito completamente normal"

Tamén cren que é normal que os síntomas de calquera doenza ou efecto de calquera medicamento sexan diferentes para as mulleres e os homes, algo que a Comunidade Europea aconsella ter en conta nos ensaios clínicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade