Vigo será a base dos tres novos patrulleiros da Axencia Europea de Control para loitar contra a pesca ilegal

Realizarán labores de vixilancia en augas internacionais e tamén realizarán outro tipo de operacións
O acto de botadura tivo lugar no porto de Vigo co lanzamento dunha botella de cava a cada buque
Vixiarán nunha extensa área marítima desde o Mediterráneo e o mar Negro ata augas occidentais, o mar Báltico e zonas de NAFO. España apoia a iniciativa da Axencia Europea da Pesca coa dotación de máis inspectores a bordo dos buques.
A despregadura destes tres patrulleiros fretados pola Axencia Europea de Control da Pesca vén reforzar a capacidade da Unión Europea na loita contra a pesca ilegal. Desde o Goberno galego advirten dos prexuízos destas prácticas ilícitas.
Serán fiscalizadores e guardiáns do mar pero entre as súas funcións tamén se inclúen o salvamento, o rescate e a loita contra a contaminación. O contrato de arrendamento, o maior da axencia europea formalizouse por 90 millóns de euros un grupo escocés. O acto de botadura tivo lugar no porto de Vigo co lanzamento dunha botella de cava a cada buque.