Publicador de contidos
Publicador de contidos

A axencia Moody´s pide a España novos axustes para garantir as pensións

A axencia Moody´s pide a España novos axustes para garantir as pensións

Advirten que o envellecemento da poboación e a revalorización co IPC complicarán a reforma do Goberno

G24.gal 06/09/2023 14:11

A chamada xeración do baby boom entra de cheo na idade de xubilación. De aquí ao 2040 pasarase dos nove millóns de pensionistas actuais a 12 millóns de xubilados. 

Este aumento é un dos maiores da Unión Europea e preocupa os analistas. A axencia Moody's advirte das dificultades de financiar nos próximos anos o sistema de pensións.

A reforma aprobada polo Goberno hai tan só seis meses atrasa a idade de xubilación e introduce o pagamento nas nóminas do mecanismo de solidariedade interxeracional. Unhas medidas que poderían supoñer unha perda de empregos, segundo estima a axencia internacional. Os analistas apuntan a que serán necesarias novas medidas para asegurar as pensións.

"Probablemente o que imos ver nos próximos anos é un atraso da idade de xubilación cara aos 70 anos naquelas profesións en que sexa posible. Esta e outras medidas estruturais que haberá que ir tomando no futuro", di a economista María Cadaval.

Di Moody´s que o aumento do gasto en pensións, se non se adoptan medidas adicionais, podería dificultar o financiamento da economía española nos mercados nos próximos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade