Publicador de contidos
Publicador de contidos

Á baixa o prezo dos combustibles unha semana máis

Á baixa o prezo dos combustibles unha semana máis

Respiro para os milleiros de condutores que van viaxar na ponte máis festiva do ano

Os carburantes encadean varias semanas consecutivas de baixada
G24.gal 15/08/2024 14:58

"Xa está todo caro, o súper, todo carísimo, pois polo menos iso, poder ter unha baixada para poder saír de vacacións e darmos un gusto xa que aproveitamos que estamos de vacacións", comenta unha muller.

Que os carburantes baixen o seu prezo, sobre todo en agosto, é unha boa nova ben recibida por todos.

"Sempre é a alza todo pero todo o que baixe neste tema, ven de marabilla", apunta outra.

O Boletín Petroleiro da Unión Europea publicou hoxe os datos, xusto no comezo dunha ponte festiva con moita xente nas estradas. A previsión é de máis de 8 millóns de desprazamentos por toda España

"Si eu teño pensado marchar a unha vila de Guadalaxara uns días e entón, pois claro, evidentemente aféctame a baixada, claro que si", explica unha condutora.

Con respecto a hai unha semana o prezo do diésel baixou un 0,95 % e o da gasolina un 0,87. Ambos os dous tocaron mínimos este verán.

"Aínda que baixara un pouquiño máis e sobre todo para os transportistas, pois moitísimo mellor".

"Baixou un pouquiño, pero logo vai subir outra vez, non te preocupes", contan varios clientes dunha gasolineira de Vedra.

Quen máis o notan son os turistas que veñen de fóra.

 "Moi ben que baixaron o prezo da gasolina", alégrase unha turista.

É que os prezos en España están máis baixos que a media europea

"Mellor prezo respecto a Italia". "Moito máis barato, iso si, en Italia custa moito, é verdade", recoñecen dúas turistas italianas.

Cos prezos actuais encher un depósito medio de 55 litros custa case 6 euros menos que na mesma semana do pasado verán. Iso nos de gasolina porque nos diésel aforramos 7.

 "Un respiro é sempre, todo o que baixe sempre é". "Pero ben, aínda así está bastante caro, eh, aínda que baixaseun pouquiño máis non pasaba nada".

"Grazas a Deus vai baixando e canto máis baixe mellor claro, porque para traballar, para todo fai moita falla, entón si, estou moi contenta de que sexa así e de que sega baixando".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar