Publicador de contidos
Publicador de contidos

A banca cae e arrastra o Ibex 35 tras a intervención do SVB

A banca cae e arrastra o Ibex 35 tras a intervención do SVB

A intervención o venres do Silicon Valley Bank polo Goberno dos EUA provocou caídas na banca de entre un 7 e un 10 por cento

O selectivo Ibex 35 cede un 3 %

G24.gal 13/03/2023 11:07 Última actualización 13/03/2023 13:19

A bolsa española reacciona negativamente trala intervención o venres do banco SVB Financial polo Goberno dos Estados Unidos, adquirido pola filial do Reino Unido do HSBC por unha libra esterlina (1,13 euros).

O Ibex 35 chegou a ceder esta mañá un 4 % lastrado polos grandes bancos, que perderon entre un 7 e un 10 %. 

Ás 13:13 horas, o selectivo español baixaba un 3%, ata os 8.998 puntos. O Banco Sabadell caía un 9,71 %; o Santander, un 7,29 %; Bankinter, un 7,16 %; Unicaja Banco, un 6,31 %, o BBVA, un 6,21 %; e CaixaBank, un 5,74 %.

Os volumes de venda foron tan elevados que os valores entraron en poxa de volatilidade, polo que durante varios minutos a cotización estivo paralizada.

 

Na mente de moitos está a crise provocada por Leman Brothers en 2008. Os expertos apuntan a que non se trata dun caso semellante. 

O maior banco de Europa xa comprou a filial de Sillicon Valley Banck no Reino Unido. O ministro de Economía británico asegura que así os depósitos dos clientes desta filial quedan protexidos. Nos Estados Unidos o presidente Biden transmitirá unha mensaxe de tranquilidade á poboación, mentres as autoridades financeiras apuntan a que non hai risco de que se repita a situación de 2008. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade