Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Bandeira da Concha feminina non terá representación galega

A Bandeira da Concha feminina non terá representación galega

Chapela (8ª) e Cabo (9ª) quedaron ás portas de lograr a clasificación

G24.gal 30/08/2023 21:30

A final da Bandeira da Concha feminina non terá representación galega. Ningunha das seis representantes do noso remo puido meterse nos sete postos que daban acceso á xornada do domingo. 

Foron Chapela e Cabo os que estiveron máis preto. Chapela, campioa da Liga Galega, quedou a só cinco segundos de superar o corte. Cabo da Cruz, que partía entre as favoritas, non puido cumprir os prognósticos e nun día moi difícil de mar e vente acabou no noveno posto, a dez segundos da sétima clasificada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos