A bicicleta terá por primeira vez unha partida nos presupostos xerais do Estado
A bicicleta terá por primeira vez unha partida nos presupostos xerais do Estado
A ministra de Transportes explicou no Senado a Estratexia estatal da bicicleta
Vinte millóns de cidadáns en España utilizan a bicicleta decote e outros 9 millóns fano semanalmente.
Avanzar nesta mobilidade sostible e saudable para desconxestionar as cidades e a economía é o reto que enfronta a Estratexia Estatal pola Bicicleta como explicou no Senado a ministra de Transportes onde anunciou que por primeira vez a bicicleta vai ter unha partida propia nos presupostos xerais do Estado.
Para Raquel Sánchez, a mobilidade sostible ten que ser unha realidade xa.
"Debemos potenciar o impulso de solucións de mobilidade sostible que respondan ás necesidades reais dos cidadáns e garantan a súa mobilidade cotiá. E non é un reto futuro, é unha realidade urxente, non só por contaminación e calidade do aire, senón tamén por atascos, sinistralidade, ruído ou ocupación do espazo público", dixo a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.