Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Blas de Lezo utilizará mísiles reais en augas de Noruega e Escocia nun exercicio europeo

A Blas de Lezo utilizará mísiles reais en augas de Noruega e Escocia nun exercicio europeo

A fragata F-103 e o buque Patiño saen de Ferrol para entrar nas manobras multinacionais de defensa europea Formidable Shield-2023

A fragata Blas de Lezo nunha manobras militares/ Arquivo A fragata Blas de Lezo nunha manobras militares/ Arquivo
G24.gal 29/04/2023 13:12

A Armada confirmou que a fragata Blas de Lezo e o buque Patiño saen este sábado da súa base no Arsenal Militar de Ferrol para sumarse ao exercicio Formidable Shield, "o máis importante de defensa aérea e antimísil que se realiza en Europa".

Na despregadura, de "periodicidade bianual", as unidades españolas terán de novo "a responsabilidade de proporcionar o buque de mando desde o que o comandante da Forza, apoiado polo seu Estado Maior, dirixirá o desenvolvemento do exercicio".

Así, o departamento castrense estima que está "prevista a participación de ata 23 buques e submarinos de diferentes nacións, así como de numerosas unidades aéreas e terrestres".

O Formidable Shield "desenvolverase durante o mes de maio en augas de Noruega e Escocia. Haberá diversos escenarios simulados nos que os buques participantes deberán facer fronte a ameazas complexas".

"Nalgún deles incluirá, no caso da Blas de Lezo, o lanzamento real de mísiles, o que permitirá mostrar unha vez máis as capacidades das fragatas F-100 na defensa aérea dunha Forza Naval", resalta a Armada.

Ao tempo, subliñou que a "relevancia da Armada neste exercicio vese reforzada pola presenza do Patiño, que terá o labor de proporcionar o apoio loxístico a unha forza internacional de notable envergadura, fornecendo combustible, víveres e no seu caso repostos", ademais de prestar "apoio sanitario".

Finalmente, salientou que a "realización dos exercicios mostra ademais o alto grao de interoperabilidade entre as diferentes Mariñas aliadas e as notables capacidades que proporcionan operando de forma conxunta" co fin de "facer fronte a un amplo abano de ameazas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade