Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primeira borrasca do outono deixa 60 incidencias e máis de mil raios durante a noite

A primeira borrasca do outono deixa 60 incidencias e máis de mil raios durante a noite

Galicia viviu unha madrugada marcada polos efectos dunha borrasca que bateu con forza durante a madrugada, con fortes precipitacións, sarabia e vento de máis 100 quilómetros por hora

Unha árbore caeu sobre vehículos en Ourense
G24.gal 19/10/2022 10:32 Última actualización 19/10/2022 13:24

Galicia viviu unha madrugada marcada polos efectos dunha borrasca que xa se deixou notar durante a tarde do martes, pero que bateu con forza na comunidade entrada a madrugada, cando se rexistraron máis de mil raios, fortes precipitacións, saraiba e ventos de máis 100 quilómetros por hora que provocaron unhas 60 incidencias xestionadas pola central do 112.  

Entre a medianoite e as 8:00 horas deste mércores, a central do 112 recibiu un total de 63 avisos por incidencias, aínda que ningunha delas de gravidade. A maioría, ata 32, foron avisos por caída de árbores e pólas en estradas, con especial incidencia nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde 28 das 53 incidencias xestionadas polo 112 durante a madrugada estiveron asociadas con obstáculos nas vías de comunicación.  

Pola súa banda, en Ourense houbo seis incidentes, das cales catro foron por caídas de árbores, protagonistas de tres dos catro avisos xestionados pola central de emerxencias na provincia de Lugo.  

O Sergas confirmou as precipitación estiveron detrás das inundacións que se produciron nos corredores da cuarta planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), xa que un dos sumidoiros non logró absorber a cantidade de auga que caeu durante un corto espazo de tempo.  O Sergas di que non afectou ao servizo asistencial e a situación quedou normalizad.a 

Doutra banda, un corte de luz afectou a uns 2.000 usuarios en Ourense, segundo ratificou Naturgy a Europa Press.  

En Amio a chuvia provocou pingueiras na nave do mercado onde se celebra a feira semanal de gando, que se viu afectado.  A chuvia e o vento derrubaron tamén unha árbore no colexio Pío XII de Santiago. 

Todo iso nunha madrugada de tormentas na que, entre as 00,00 e as 09,30 horas, caeron en Galicia un total de 1.159 raios, concentrados na metade oeste da comunidade e que se deixaron notar especialmente entre as 4:00 e as 6:00 horas.  

Así o recollen os medidores de Meteogalicia, que sitúan Santa Comba como o punto máis húmido das últimas horas, ao recoller 66,8 litros por metro cadrado, 13 máis que o seguinte na lista, Entrimo (53,9 l/m2), e case o dobre que en Zas (39,8 l/m2).  

Ademais, o vento superarou os 100 quilómetros por hora en varios puntos da comunidade. O valor máximo rexistrouse en Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, ás 5:30 horas da madrugada con 128 quilómetros por hora.  Nas estacións de Meteogalicia situadas por baixo dos 900 metros de altitude, pasáronse os 100 quilómetros hora en Oia, con 106,5; Viveiro, con 106,4, e en Vimianzo, con 102,3 km/h.

Durante a xornada deste xoves tamén se manterán avisos amarelos tanto por vento como por choiva en boa parte de Galicia e case todo o día. No mar, activarase a alerta laranxa entre as 6 da mañá e 15 horas nas Rías Baixas, desde as 6 até a medianoite na Costa da Morte, e desde as 12 até as 00 horas na costa noroeste.  

Ademais, tamén haberá alerta laranxa por ondas de até 5 e 6 metros entre as 12 e a medianoite nas Rías Baixas e na Costa da Morte; mentres que na zona da costa noroeste activarase este aviso laranxa ás 18 horas até as 00 horas. Ademais, por ondas de 4 a 5 metros activarase o aviso amarelo entre as 6 e as 12 horas.  

En canto ao aviso amarelo por choiva, por máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, activarase ás 9 horas en case toda a provincia da Coruña (oeste, interior e suroeste); mentres que comezará ao mediodía no interior de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade