Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Irene remite e veñen nubes altas e tempo máis seco

A borrasca Irene remite e veñen nubes altas e tempo máis seco

Volverán as xeadas a partir da noite do venres

A semana que vén comeza en Galicia con infuencia anticiclónica

G24.gal 18/01/2024 14:24

O vento vira a Nordés e o tempo cambia: queda en xeral máis tranquilo e máis seco. E non se preocupen se escoitaron falar da borrasca Juan, porque apenas afectará a Galicia. Esa borrasca que se acaba de formar en Portugal afectará o centro da península. Aquí, case nada: rozaranos levemente e moi ao sur.

Segundo nos contan en Meteogalicia, o tempo vai vir máis apracible nos próximos días, moi diferente á situación atmosférica que onte deixou centos de incidencias, vento forte e moita auga, e que provocou en Cambados unha manga mariña, asociada a chuvia torrencial.

"Cando se produce unha baixada de presión unido a un movemento rotatorio, dá lugar a esta situación", explica Ana Lage, de Meteogalicia.

Así que despois de días de paraugas, de romper paraugas e de mercar paraugas, o ceo porase por fin máis claro. O que se espera é un cambio cara a un tempo máis seco.

"Con nubes altas, máis nubes cara á zona oeste, e xa na noite do sábado ao domingo poderiamos ter algún orballo ocasional. A semana comezará con influencia anticiclónica e con predominio de tempo mais seco", di Ana Lage, de Meteogalicia.

A contrapartida, xa na noite do venres, serán as xeadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade