Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Martinho volve provocar este sábado alerta laranxa con ondas de ata oito metros

A borrasca Martinho volve provocar este sábado alerta laranxa con ondas de ata oito metros

Meteogalicia avisa de que os dous próximos días serán de choiva localmente forte, tormentas e saraiba, ademais de ser unha fin de semana de frío

A borrasca Martinho deixa ventos de máis de 100 km/h en Muras e máis de 40 litros por m2 en Fornelos de Montes

Foto de arquivo/Elena Fernández / Europa Press
G24.gal 21/03/2025 17:27

A borrasca Martinho azouta de novo Galicia durante unha xornada de venres con alertas por fortes ventos e choivas, así como temporal costeiro.

Segundo a información de Meteogalicia, as máximas na mañá deste venres rexístranse en O Xistral, municipio de Muras (Lugo), con ventos de 107 quilómetros por hora, así como unha choiva acumulada de 42 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes (Pontevedra).

A chegada de Martinho o pasado xoves deixou máis de 600 incidencias en Galicia, incluídos peches de colexios en municipios como Cerceda e Cangas. Meteogalicia avisa de que os dous próximos días serán de choiva localmente forte, tormentas e saraiba, ademais de ser unha fin de semana de frío.

A Aemet activou a alerta laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro para este sábado, 22 de marzo, con mar combinado de oeste-noroeste con ondas de entre seis e oito metros. Igualmente haberá ventos de forza 8, de ata 74 quilómetros por hora.

A Aemet prevé que este fenómeno adverso estea activo desde a medianoite entre o venres e o sábado no litoral de Pontevedra e suroeste da Coruña, así como desde as primeiras horas da mañá do sábado no resto da costa coruñesa e na Mariña de Lugo.

A Xunta informou da alerta laranxa a municipios afectados, deputacións, Protección Civil e clubs náuticos, entre outros. Igualmente, a Secretaría Xeral para o Deporte suspende durante este sábado toda a actividade deportiva federada no mar.

O Morrazo recupera lentamente a normalidade

O Morrazo recupera a calma tras o paso de Martinho. Xa retiráronse as placas do edificio que perdía o panelado onte e que chegou a danar o garaxe da vivenda do outro lado da estrada.

Aínda queda material por retirar da escola infantil do Con, en Moaña. Por iso permanece parte do vial de acceso cortado. Os trinta cativos desta escola irán a Quintela a partir do luns. 

As condicións meteorolóxicas tamén influíron na perda da metade das frecuencias do transporte marítimo con Moaña a primeiras horas da mañá. En Cangas o instituto de Rodeira está aínda sen clases, que se retomaran o luns.

"O luns volvemos. Hai que recolocar esas aulas, pero como o edificio principal non está unido a ese e o tellado e o pabellón están ben e están retirando o material da entrada xa podemos entrar libremente", explica Sergio Nunes, director do Instituto IES Rodeira.

Aquí hai danadas varias aulas e está por avaliar o material informático. Aínda así, a partir do luns a previsión é que o instituto de Rodeira acolla por unhas semanas os alumnos do IES María Soliño, que ten maiores dános.

"O outro instituto está moi danado enton non poden ir a dar clase. Existe a posibilidade de que veñan aquí a dar clase na quenda de tarde, aínda que hai que estudalo porque nós polas tarddes temos ensinanzas de adultos, escola de idomas e obradoiros", explica Sergio Nunes, director do Instituto IES Rodeira.

No instituto María Soliño os danos son máis evidentes. A comunidade escolar de Rodeira, composta por 800 alumnos de mañá e 400 de tarde, ademais doutros catrocentos da escola de idiomas, terá que facer reaxustes para acoller aos 500 alumnos do María Soliño, probablemente na quenda de tarde.

Tormentas e neve a 800 metros 

Meteogalicia indica que Martinho estará situada este sábado no Cantábrico, o que deixará en Galicia un corredor de ventos do norte que traerá aire frío. 

Prevense chuvascos que ocasionalmente poden vir acompañados de tormentas e saraiba. A cota de neve estará nos 1.200 metros, pero baixará a 800 metros durante a tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, polo que entre as sete cidades a mínima será de 3 graos en Lugo e a máxima será de 15 graos en Vigo.

O vento soprará do noroeste, forte no litoral e máis frouxo no interior. Así mesmo, Meteogalicia fixa aviso amarelo este sábado na montaña de Ourense e Lugo por acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros por encima dos 1.000 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade