Cargando resultados...
A borrasca Óscar golpea as Canarias e chega xa á península
A borrasca Óscar golpea as Canarias e chega xa á península
Ventos de 95 km/h no arquipélago e voos cancelados nos tres aeroportos
A fronte de choiva e vento continuará estendéndose hoxe pola península
G24.gal
07/06/2023 08:36
A borrasca Oscar xa está sobre España. Nas últimas horas, afectou especialmente ás illas Canarias, onde os ventos superaron os 95 quilómetros por hora. Nos tres aeroportos insulares producíronse desvíos e cancelacións de voos.
A borrasca continuará deixando hoxe precipitacións intensas no arquipélago canario, pero seguirá avanzando tamén de sur a norte. Esta madrugada xa tocou a Península, incluída Galicia. Trece provincias están en alerta por choivas e tormentas.