Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cadea alimentaria esixe garantías de abastecemento ante o paro do transporte

A cadea alimentaria esixe garantías de abastecemento ante o paro do transporte

O voceiro en Lugo da Plataforma convocante asegura que non se cumpre a lei que impide traballar por debaixo de custos

G24.gal 08/11/2022 15:00

As repercusións do paro do transporte dependerán do seguimento e a duración da mesma. A Plataforma Nacional en Defensa do Transporte de Mercadorías, minoritaria no sector, convoca en solitario as mobilizacións para esixir que se cumpra a lei que garante que non traballen a perdas. 

O delegado da Plataforma en Lugo explica que "a lei de non traballar por debaixo dos custos si que foi aprobada, pero non hai manela de facela cumprir. O Goberno está poñéndonos trabas para facela cumprir. E os cargadores estanos ameazando que, ou traballamos ao prezo que queren, ou deixamos de traballar con eles".

A Federación Galega de Transportes de Mercadorías di que ningunha asociación de transportistas galegos apoia esta convocatoria. Apetamcor, con máis de 1.200 socios, que si se se sumou ao paro de marzo, advirte que outro paro sería insostible para o sector. "Dous paros en menos dun ano tería un prexuízo irremediable. En transporte un paro patronal significa non só deixar de gañar, senón perder cartos", explica a súa secretaria xeral.

Durante o pasado paro dos transportistas, en marzo, notificáronse perdas de 600 millóns de euros só na primeira semana, e o abastecemento dalgúns produtos básicos como aceite ou leite viuse afectado. Por iso fabricantes e distribuidores reclaman seguridade e garantías para o abastecemento dos produtos.

"Como vivimos uns precedentes na anterior que xerou moitos conflitos, temos que advertir que exerzan o seu dereito respectando os dereitos dos demais, e esixirlle ao Goberno que a cadea agroalimentaria estea garantida en todo momento", di Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias.

O paro comenza o próximo luns como un paro indefinido, polo que podería  ameazar o Black Friday e o Nadal. A proximidade destas campañas, as de maior consumo do ano, poderían comprometer a facturación das empresas. Para o Black Friday están previstos máis de 100 millóns de envíos en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade