Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense vive o primeiro aviso laranxa do verán no regreso da calor a Galicia

Ourense vive o primeiro aviso laranxa do verán no regreso da calor a Galicia

Ourense chegará a 39 graos e Pontevedra a 32 este luns

Trece provincias españolas poderían alcanzar os 40º, e 42º Badaxoz

Un home combate a calor en Ribadavia
G24.gal 21/07/2024 19:56 Última actualización 22/07/2024 09:02

As temperaturas volven subir con carácter xeral este luns en toda España, polo que se activan avisos por calor en trece provincias, entre elas Ourense, que está en aviso laranxa por primeira vez en Galicia nesta tempada estival. 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este martes unha alerta laranxa no sur da provincia de Ourense, así como na zona do Miño, por temperaturas de ata 39 graos.

En concreto, a alerta vaise estender desde as 13.00 horas ata as 20.00 horas. Ademais, a Aemet activa tamén a alerta amarela no sur de Lugo, nas Rías Baixas e no Miño de Pontevedra por temperaturas máximas de 34 graos.

Ourense chegará a 36 graos e Pontevedra a 32 este luns

En Pontevedra espéranse temperaturas que oscilarán entre os 15 graos de mínima e os 32 de máxima (31 en Vigo), que para o martes poderían pasar dos 34 graos. En Lugo, os valores oscilarán entre os 30º e os 11º, moi semellantes aos de Santiago (30º-13º). En Ferrol alcanzarán os 28, e a temperatura máxima será de 24 graos na Coruña.

Trece provincias españolas poderían alcanzar os 40º

Segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta nova onda de calor deixará máximas que, mesmo, superarán os 40 graos en certos puntos do país. Ademais de en Ourense, activaranse avisos amarelos ao longo das horas centrais do día nas provincias andaluzas de Córdoba, Granada, Xaén e Sevilla; as castelán-leonesas de Ávila e Salamanca, as castelán-manchegas de Cidade Real, Cuenca e Toledo e a estremeña de Cáceres, ademais da Comunidade de Madrid.

A provincia estremeña de Badaxoz estará en aviso laranxa (risco medio) pola previsión dunhas temperaturas máximas que poderían chegar aos 42 graos.

Aemet dispuxo tamén avisos amarelos perante a previsión de fenómenos costeiros no litoral de Xirona e os arquipélagos balear (Mallorca e Menorca) e canario (Gran Canaria e Tenerife).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade