Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor pon en aviso nove comunidades que van rozar os 40 graos

A calor pon en aviso nove comunidades que van rozar os 40 graos

Tamén están en alerta catro autonomías, entre elas Galicia, por vento forte na costa

Córdoba está no nivel laranxa. EFE/Rafa Alcaide Córdoba está no nivel laranxa. EFE/Rafa Alcaide
G24.gal 06/08/2023 12:00 Última actualización 06/08/2023 12:17

A calor continúa en ascenso e pon este domingo en aviso laranxa ou amarelo seis comunidades na península, mentres se rexistran fenómenos costeiros nos litorais de catro autonomías, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En Andalucía, seis das oito provincias están en aviso laranxa ou amarelo por máximas que se van situar entre os 37 e os 40 graos. No nivel laranxa atópanse Córdoba, Huelva, Xaén e Sevilla e no amarelo, Granada e Cádiz, e esta última tamén por fenómenos costeiros.

As provincias estremeñas de Badaxoz e Cáceres aparecen no mapa da AEMET en aviso laranxa tamén por calor, con temperaturas próximas aos corenta graos.

En nivel amarelo quedan Castela e León (37 graos), Castela-A Mancha (36-38 graos), Comunidade de Madrid (36 graos) e Comunidade Valenciana (36 graos).

Vento na costa

Por fenómenos costeiros, ademais do litoral de Cádiz están en aviso amarelo o de Baleares, Cataluña e Galicia, por intervalos de vento forte ou con refachos moi fortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade