A campaña electoral portuguesa finaliza cun empate nas sondaxes
A campaña electoral portuguesa finaliza cun empate nas sondaxes
Un empate das principais formacións deixaría un futuro incerto para a creación dun executivo
O partido máis beneficiado deste adianto electoral sería o populista Chega
As eleccións portugueses póñense interesantes xusto no peche de campaña cando as enquisas vaticinan practicamente un empate técnico entre o Partido Socialista e o Socialdemócrata. Desde o 2019, as últimas lexislativas portuguesas, a diferenza de intención de voto entre os dous partidos principais foi sempre moi grande. O Partido Socialista de António Costa mesmo chegou a a poder soñar cunha maioría absoluta que se foi diluíndo xusto xusto agora ao final, en plena campaña electoral.
Os conservadores do PSD, os seus principais competidores, terían que sacarlle de todas formas unha gran vantaxe para poder gobernar porque existen poucos apoios á dereita cun caudal de votos suficiente para sumar. Ademais o seu líder, Rui Rio, dixo que non aceptaría Gobernar coa ultradereita. Precisamente o partido populista, Chega, será case sen dubida unha das sorpresas na noite electoral porque todas as sondaxes como mínimo quintuplican o seu resultado de 2019 converténdose en terceira forza.
Deixando as quinielas atrás, Portugal enfróntase nestas eleccións, que se tiveron que anticipar porque o Goberno socialista non foi apoiado nos seus orzamentos de 2022, á forte abstención, ao millón de portugueses que están confinados pola covid e ao millón e medio de emigrantes no estranxeiro que sempre, isto pasa en cada convocatoria, teñen grandes problemas para exercer o seu voto.