Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña "Un neno, un xoguete" xa repartiu máis de 14.000 xoguetes

A campaña "Un neno, un xoguete" xa repartiu máis de 14.000 xoguetes

 A campaña "Un neno, un xoguete" xa repartiu dende finais de decembro máis de 14.000 xoguetes

Dende que iniciaron esta campaña atenderon na nave de Vigo unha media de 60 familias diarias

A recollida continuará o 2 de xaneiro no centro comercial Camelias e ata o 4 de xaneiro en Vigo

G24.gal 30/12/2023 21:06 Última actualización 30/12/2023 21:35

Na nave de García Barbón de Vigo o traballo é moi intenso estes días. Ata aquí chegan eses xoguetes, novos e usados, que as súas maxestades depositarán baixo a árbore de nadal. Nieves Quiteiro é voluntaria da campaña dende hai 14 anos.

"Aquí probámolos, se funcionan, ben; se non, hai un home que os leva a arranxar e poñémoslles pilas. Ás bonecas lavámoslles a roupa, preparámolas, peiteámolas...".

O soño de moitos pequenos e pequenas faise realidade grazas a campaña "Un neno, un xoguete", que fai quince anos de vida. Levan recollidos 17.000, e xa repartiron 14.500 por toda Galicia. Pero que levan de aquí as súas maxestades?

"Un xoguete novo a cada rapaz, dous xoguetes reciclados non usados, varios quebracabezas, peluches para que teñan as árbores ben cheas".

E nese agasallo, que conta o director da campaña, Carlos Leiro, nunca faltan os libros, moitos doados por unha importante editorial, para non esquecerse da lectura. Aquí colaboran 14 voluntarios en horario de mañá e tarde. O seu traballo comezou en outubro e non se paga con cartos, só con sorrisos e con mostras de agradecemento que saben a biscoito caseiro que traen as propias familias. Javier Sesteira é patrocinador, colaborador e voluntario desta campaña.

"O estar entregándolles cousas aos nenos, ver a cara que teñen de sorpresa e felicidade, o agradecemento das nais. É algo que ten que ser imprescindible para un pequeno, é dicir, cada neno debe ter un xoguete".

Ata o 2 de xaneiro recollerán xoguetes na nave de García Barbón de Vigo. Eles tamén teñen a súa petición para as súas maxestades. Conseguir un local que poidan converter nun banco de xoguetes, para que esta recollida e entrega, poida facerse todo o ano naquelas familias onde máis se necesita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos