Cargando resultados...
A capela de Bueu consagrada aos Reis Magos prepara a súa romería
A capela de Bueu consagrada aos Reis Magos prepara a súa romería
Logo dunha historia de abandonos e recuperacións, os veciños convertéronse nos seus gardiáns
O 6 de xaneiro volverán sacar a Melchor, Gaspar e Baltasar en procesión
G24.gal
03/01/2024 21:35
Última actualización 03/01/2024 21:59
En toda Europa só se coñecen dous templos consagrados aos Reis Magos de Oriente.
Un está en Alemaña, na catedral de Colonia, e o outro en Galicia, concretamente en Bueu.
É a capela dos Santos Reis, que o 6 de xaneiro volverá vivir a súa romería.
Melchor, Gaspar e Baltasar sairán de novo dela en procesión entre gaitas percorrer o adro.
Quen acuda recibirá "a parva", con roscón e chocolate, e tamén máis música.
E todo arredor desta capela de particular historia de abandonos e recuperacións, un templo que segue vivo porque un bo día os veciños decidiron converterse nos seus gardiáns.