A carencia de psicólogos en atención primaria dispara as receitas de psicofármacos
A carencia de psicólogos en atención primaria dispara as receitas de psicofármacos
En Galicia só hai catro especialistas por cada 100.000 habitantes, por baixo da media española e da europea
A saúde pública galega ten unha importante carencia de psicólogos, segundo advirte Víctor Torrado, do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia. Hai catro profesionais por cada 100.000 habitantes, mentres en España hai seis, e a media europea é de 18.
Os psicólogos reclaman que se creen prazas paras especialistas en psicoloxía clínica en atención primaria. Torrado apunta que iso axudaría a tratar moitos pacientes que necesitan terapia pero só reciben medicamentos. Destaca que, como non hai psicólogos en atención primaria, estanse receitando demasiados psicofármacos a persoas que poderían recuperarse sen eles.
Víctor Torrado sinala que a pandemia deu visibilidade aos problemas de saúde mental. Salienta que cada ano se suicidan en Galicia máis de trescentas persoas, e é preciso tomar medidas.