Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira aparición de Begoña Gómez con Pedro Sánchez despois da súa citación xudicial

Primeira aparición de Begoña Gómez con Pedro Sánchez despois da súa citación xudicial

O caso Begoña Gómez marca os últimos días da campaña das europeas
G24.gal 05/06/2024 14:39 Última actualización 05/06/2024 20:39

 Begoña Gómez, a esposa do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asistiu este mércores en Málaga a un mitin do PSOE con motivo das eleccións europeas do 9 de xuño, xusto un día despois da súa citación xudicial como investigada.

É o primeiro acto público ao que asiste Begoña Gómez tras ser citada para declarar como investigada o venres 5 de xullo na causa aberta por presuntos delitos de corrupción e de tráfico de influencias.

Os asistentes ao mitin repetiron "Begoña, Begoña" cando o secretario xeral do PSOE andaluz, Juan Espadas, lle agradeceu a súa presenza.

Gómez sentouse entre o seu marido e a vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero.

Os socialistas pasan ao ataque para evitar que a investigación a Begoña Gómez lle pase factura o domingo. Todos os ministros do PSOE apuntaban hoxe ao PP. Sitúano detrás da imputación á muller do presidente. 

"Non teñen outra opción nin a dereita nin a extrema dereita que utilizar o lodo", espeta o titular de Interior, Fernando Grande-Marlaska. A realidade, reitera Óscar Puente, é que "non hai na causa nin unha soa proba incriminatoria contra ela".

Pedro Sánchez non fixo declaracións, pero si falou. Falou, de novo, a través dunha carta. Insiste en que non hai nada detrás desta acusación e que non dará un paso ao lado. Vese vítima dunha "coalición reaccionaria" e denuncia un grande embuste. Feijóo responde e advírtelle que non "imos calar", e lémbralle que os "españois non son parvos". 

Do outro lado da mesa do Consello de Ministros non celebran esta reacción do presidente. Isto "non vai de cartas", escribe a vicepresidenta Díaz. A misiva tampouco callou entre os seus aliados habituais. Ione Belarra repróchalle que se queixe agora do que antes sufriron outros partidos e non faga nada. 

Na mesma liña pronunciáronse os de Puigdemont. Ironizan con esta nova forma de comunicarse do presidente e acúsano de ser cómplice coa persecución ao independentismo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos