Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Casa Branca dá 30 días ás axencias federais para eliminar TikTok

A Casa Branca dá 30 días ás axencias federais para eliminar TikTok

O Goberno estadounidense prohíbelles aos funcionarios empregar esta aplicación nos seus dispositivos

A Comisión Europea prohibe TikTok nos seus móbiles de traballo

G24.gal 28/02/2023 10:47 Última actualización 28/02/2023 11:20

A Casa Branca dá 30 días de prazo ás axencias federais estadounidenses para eliminar a rede social TikTok de todos os dispositivos electrónicos gobernamentais.

Segundo a cadea de televisión CNN, a orde foi dada pola directora da Oficina de Administración e Orzamento da Casa Branca, Shalanda Young, nun memorando emitido este luns e dirixido a todas as axencias do Goberno e aos seus contratistas privados.

As axencias federais teñen 30 días a partir da recepción da normativa para eliminar calquera aplicación de TikTok dos seus dispositivos e incluír nos seus contratos a prohibición de utilizar esta rede social por motivos de seguridade.

Deste xeito, o Goberno do presidente Joe Biden cumpre un proxecto de lei aprobado no Congreso dos EUA a finais do ano pasado que require que as axencias federais supriman TikTok, que é propiedade da empresa chinesa ByteDance, debido ao temor de que os datos dos usuarios poidan caer en mans do Goberno chinés.

Segundo CNN, o portavoz de TikTok, Brooke Oberwetter, emitiu un comunicado en que cualificou esa prohibición de “pouco máis que teatro político” e onde lembrou que a prohibición de TikTok en dispositivos federais se aprobou en decembro sen ningún debate.

“Esperamos que cando se trate de abordar as preocupacións de seguridade nacional sobre TikTok máis aló dos dispositivos gobernamentais, o Congreso explorará solucións que non teñan o efecto de censurar as voces de millóns de estadounidenses”.

Este luns, o Goberno canadense tamén anunciou que a partir de hoxe prohibirá aos empregados federais utilizar a aplicación TikTok nos teléfonos móbiles oficiais, por supoñer un risco "inaceptable" para a súa privacidade e seguridade.

Igualmente, a Comisión Europea emitiu a semana pasada a súa propia prohibición da aplicación en dispositivos oficiais, citando igualmente preocupacións de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade