Donald Trump di que Biden nunca foi apto para o cargo de presidente
Donald Trump di que Biden nunca foi apto para o cargo de presidente
Celebra a súa retirada na carreira electoral e di que será máis doado gañarlle a Kamala Harris
Donald Trump acaba de reaccionar a este anuncio de Biden. Celebra a súa renuncia e asegura que aínda lle será más fácil gañar a Kamala Harris.
Horas antes o candidato republicano chanceou sobre a debilidade política do seu rival, no seu primeiro mitin tras ser elixido como candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos. Que a campaña de Biden o describe como unha "ameaza para a democracia" e dixo que levou un balazo pola democracia, en referencia ao intento de asasinato da semana pasada.
De Joe Biden dixo literalmente que é un home enfermo, débil e patético que non pode presentarse a unhas eleccións. Tamén cargou contra Kamala Harris.
Nunha mensaxe na súa rede social Truth, asegura: "O corrupto Joe Biden non era apto para presentarse a presidente, e certamente non é apto para servir. E nunca o foi!".
Só alcanzou a posición de presidente por mentiras, fake news, e non saír do seu soto. Todos os que o rodeaban, incluídos o seu médico e os medios de comunicación, sabían que non era capaz de ser presidente, e non o foi.
E agora, miren o que lle fixo ao noso país, con millóns de persoas cruzando a nosa fronteira totalmente sen control nin verificación, moitos deles procedentes de prisións, institucións mentais e un número récord de terroristas. Sufriremos moito por mor da súa presidencia, pero remediaremos o dano que fixo moi rapidamente. FAGAMOS AMÉRICA GRANDE DE NOVO!", dixo, nunha mensaxe en que recorre ao seu tradicional catálogo de loias e xenofobia.