Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz que leva o caso penal contra Trump retrasa a sentenza ata despois das eleccións

O xuíz que leva o caso penal contra Trump retrasa a sentenza ata despois das eleccións

Un xurado popular ditaminou que Trump era culpable de 23 casos de falsificar documentos para silenciar unha actriz porno coa que tivera unha relación extramatrimonial

G24.gal 06/09/2024 20:02

O xuíz do Tribunal Supremo de Nova York, Juan M. Merchan, atrasou este venres a sentenza do xuízo penal contra o expresidente e candidato ás presidenciais, Donald Trump, ata o 26 de novembro, é dicir, despois das eleccións, unha vitoria para o equipo legal do republicano.

En maio, un xurado popular ditaminou nun veredicto nese tribunal en Nova York que Trump era culpable de 23 casos de falsificar documentos para silenciar unha actriz porno coa que tivera unha relación extramatrimonial.

O equipo legal de Trump tentara por todos os medios adiar esa sentenza, axendada para o 18 de setembro, alegando que supoñía unha clara interferencia electoral ante os comicios presidenciais do 5 de novembro, nos que Trump se enfrontase á demócrata Kamala Harris.

Neste caso Trump enfróntase ata a catro anos de prisión.

Pero non todo foron boas noticias para Trump. A principios deste mes, o xuíz federal Alvin Hellerstein rexeitou a recente petición do expresidente para trasladar a un tribunal federal o seu caso penal polos pagos irregulares á exactriz porno Stormy Daniels,

Nunha comparecencia este venres ante a prensa desde a Torre Trump, o expresidente volveu repetir que o sistema xudicial está "amañado", que nos casos que lle afectan están tinguidos dunha clara "inxerencia política" e que o feito de que o xulguen en Nova York, unha cidade claramente "contraria aos republicanos", é un exemplo claro de como a política contamina a xustiza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade