A Fiscalía ábrese a adiar a condena contra Trump por subornar unha actriz porno
A Fiscalía ábrese a adiar a condena contra Trump por subornar unha actriz porno
O próximo presidente dos Estados Unidos xa foi xulgado por estes feitos e declarado culpable pero quedaba por coñecer a pena
A Fiscalía de Manhattan que leva o caso contra o presidente electo Donald Trump por subornar a unha actriz porno opúxose hoxe a desestimar unha condena contra o líder republicano, pero abriuse a adiala mentres Trump estea na Casa Branca.
Cuestións legais "sen precedentes"
Os argumentos da Fiscalía son que a súa próxima investidura abre un novo escenario.
"Á luz destes feitos, a defensa pediu a esta Fiscalía nunha carta do 8 de novembro desestimar o caso", sinala o escrito da fiscalía.
A Fiscalía anuncia que "pensa opoñerse" a esa petición, e pídelle ao xuíz Juan Merchán que fixe o 9 de decembro unha nova sesión para pronunciarse sobre iso. Pero máis adiante admite que a xura como presidente de Donald Trump "presentará cuestións legais sen precedentes", e precisa que "respecta profundamente o cargo de presidente e as obrigas da presidencia", o que os medios interpretaron como unha admisión de facto de que apoiarán pospoñer o caso mentres dure o mandato de Trump.
Polo momento, o xuíz Juan Merchan aínda non se pronunciou, pero dáse por feito que aceptará pospoñelo.
"Unha victoria" para o equipo de Trump
De inmediato, o equipo de Trump celebrou como "unha rotunda vitoria" a decisión da fiscalía.
"Esta é unha vitoria rotunda e definitiva para o presidente Trump e o pobo americano (...) A fiscalía de Manhattan admite que esta caza de bruxas non pode continuar", escribiu o xefe de comunicacións do presidente electo, Steven Cheung.
Trump xa foi declarado culpable
O pasado maio Trupmp xa foi declarado culpable dos pagos irregulares á actriz Stormy Daniels a cambio do seu silencio sobre unha relación fóra do matrimonio, pero aínda quedaba pendente a resolución do xuíz sobre cal será a pena polos 34 delitos dos que foi atopado culpable.