Cargando resultados...
A centola, protagonista nas prazas galegas
A centola, protagonista nas prazas galegas
Despois de catro meses e medio de veda, a centola xa reina nas prazas do país
G24.gal
15/11/2024 14:16
Comezou a campaña da centola. No mercado da praza de Lugo, da Coruña, está entre os 15 e os 30 euros. Din os praceiros que é boa e de calidade. Tamén que hai menos capturas que outros anos, pero pensan que se debe a que, como non houbo temporais, necesitan que se mova o mar e que saian.
Hai moita xente que, a un prezo moito máis asequible, aproveitan estes días para comprar centola e conxelala con vistas ao Nadal, cando previsiblemente os prezos andarán máis caros.