Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CEOE suprime a limitación de mandatos do seu presidente

A CEOE suprime a limitación de mandatos do seu presidente

O cambio nos seus estatutos aprobouse por unanimidade na asemblea xeral

Antonio Garamendi poderá optar a un terceiro mandato 

G24.gal 19/07/2023 14:39

A asemblea xeral da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) acordou este mércores, por unanimidade, modificar os seus estatutos e eliminar o tope de dous mandatos para o seu presidente. Isto permitiralle ao actual líder optar de novo ao cargo.

Na súa intervención, Antonio Garamendi pediulle ao Goberno que saian das urnas este domingo unhas contas públicas responsables, que se reduzan os impostos ás empresas e se evite crear outros novos. O xefe dos empresarios opina que "cargar o peso dun presuposto desequilibrado sobre as costas das empresas pola vía de máis impostos ou máis cotizacións, só nos vai levar a menor crecemento económico, menos emprego e maiores déficits fiscais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade