Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cobra Mendoza volve marcar para darlle un punto ao Lugo en Salamanca (1-1)

A Cobra Mendoza volve marcar para darlle un punto ao Lugo en Salamanca (1-1)

O Unionistas gozou de moitas máis ocasións e estrelou dous remates contra os paus

G24.gal 13/10/2024 13:53

A Cobra Mendoza marcou por segunda xornada consecutiva e posibilitou que o Lugo sumase un punto no campo do Unionistas (1-1).

O equipo local mereceu máis, sobre todo nun primeiro tempo no que estrelou dous remates contra os postes. No minuto 43 Carlos de la Nava marcaba o gol que adiantaba ao equipo local. Pero no tempo engadido Jorge González foi derrubado na área e o penalti claro aproveitouno o mexicano.

Na segunda metade seguiu o dominio salmantino pero o bo facer de Marcos Lavín permitiu que os de Lolo Escobar volvan a Lugo cun punto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade