A Comisión Europea impón novas medidas para o control de líquidos nalgúns aeroportos
A Comisión Europea impón novas medidas para o control de líquidos nalgúns aeroportos
Nos aeroportos españois non vai supoñer ningún cambio, segundo confirmou AENA
Nos aeroportos afectados xa non se poderá subir líquidos na cabina do avión en envases de máis de 100 mm e haberá que introducilos nunha bolsa transparente para pasar o control
A nova norma aprobada pola Comisión Europea só lles afecta ás terminais que teñen escáners avanzados para detectar explosivos na equipaxe de man. Grazas a ese sistema avanzado de detección, neses aeroportos os pasaxeiros podían subir á cabina do avión envases de máis de 100 mililitros, e ademais non era necesario que os meteran nunha bolsa de plástico para pasar polo control de seguridade. Tampouco tiñan que sacar da maleta os seus dispositivos electrónicos.
Agora si terán que facelo, xa que a Comisión Europea obrigou a revisar o software deses escáners. A medida é temporal. Nos aeroportos españois, segundo confirmou AENA, estanse a facer probas con eses sistemas de detección de explosivos para equipaxe de man (EDSCB), pero aínda non se instalaron. O que a Comisión esixe desde o 1 de setembro nos aeroportos europeos que teñen estes escáners é o que xa se viña facendo no aeroportos españois.