A Xunta valora o cambio de posición de Bruxelas sobre o lobo
A Xunta valora o cambio de posición de Bruxelas sobre o lobo
A Comisión Europea considera reducir o nivel de protección do lobo
En Galicia hai 93 mandas e preto de mil exemplares
O pasado ano, o Parlamento Europeo solicitou revisar a normativa de protección o lobo nos países e rexións máis afectados. Agora a Comisión está a recoller as achegas das zonas onde máis abunda o animal, como Galicia, con 93 mandas presentes e preto de mil exemplares. Máis batidas, máis medidas de protección do gando e axilidade no pagamento das indemnizacións son as reivindicacións do sector gandeiro galego.
Dende a Xunta valoran positivamente o cambio de postura da Comisión e lembran que levan anos recollendo datos que avalan o risco que o lobo supón para o futuro das explotacións. Piden tamén que o goberno central abone os preto de 8 millóns de euros que debe a Galicia en fondos para medidas de prevención.
Os case mil lobos que hai en Galicia supoñen unha cifra superior a todos os localizados en países como Francia ou Alemaña.