A competencia con terceiros países é un dos principais retos da automoción galega
A competencia con terceiros países é un dos principais retos da automoción galega
Custos laborais, coñecemento e tecnoloxía son os factores que definen a produtividade do sector
Competir con Marrocos ou A China, con menores custos laborais, non é doado para as empresas galegas. Aproveitan as súas fortalezas, tanto en coñecemento ou tecnoloxía, como en persoal, para facerse cos contratos dos grandes fabricantes de vehículos. Portugal, cun volume de negocio de 15.000 millóns de euros asegura que xa non é competencia para Galicia, senón un aliado.
O sector confía en que os grandes fabricantes de vehículos volvan apostar polos provedores locais. Compiten nun mercado en constante cambio, onde o vehículo eléctrico non acaba de enraizar.
A asociación de industriais metalúrxicas reuniu en Vigo máis dun cento de expertos para abordar as estratexias do futuro no sector. A automoción xera en Galicia preto de 20.000 postos de traballo e unha facturación de 12.000 millóns de euros.