Publicador de contidos
Publicador de contidos

A confraría de Noia factura 10 millóns, 4 menos que o ano pasado

A confraría de Noia factura 10 millóns, 4 menos que o ano pasado

A toxina e as riadas explican a redución da facturación

G24.gal 05/01/2023 18:54

Os 1.500 mariscadores que habitualmente traballan na ría de Noia descansan este mes despois do Nadal. E é tempo de facer balance. Pecharon o primeiro treito da campaña e o ano cun resultado bo, pero inferior ao do exercicio anterior.

Facturaron 4 millóns de euros menos, non por falta de recurso senón por factores externos: o inicio da campaña demorouse case un mes por mor dunha marea vermella e nas últimas semanas as riadas tamén condicionaron a actividade marisqueira.

Outro factor determinante na facturación foron os prezos. Malia que no Nadal recuperaron, ao comezo da temporada o rendemento do berberecho non foi óptimo.

Queda o último treito da campaña ata o mes de abril e confían en que axude a redondear os resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos