Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Quintana cre que a situación dos caladoiros permite abordar un aumento de cotas

Rosa Quintana cre que a situación dos caladoiros permite abordar un aumento de cotas

"O sector leva tempo facendo un esforzo para adaptarse á mellor explotación posible dos recursos", di a conselleira do Mar

G24.gal 06/06/2022 14:16

Rosa Quintana cre que a Comisión debe abordar aspectos sociais e económicos relacionados coa actividade pesqueira, que faciliten a remuda xeracional e melloren as condicións de traballo. Na Coruña celébranse hoxe e mañá unhas xornadas sobre o futuro do sector pesqueiro na Unión Europea, en que van participar representantes institucionais e do sector marítimo pesqueiro.

A conselleira do Mar, anfitrioa do encontro, apunta que a situación dos caladoiros permite ser optimista sobre o incremento das cotas.

"A maior parte dos caladoiros os que faena a flota galega están en moi boa situación, xa practicamente todos están no rendemento máximo sostible, polo que entendemos que é o momento de solicitar un incremento de cotas. O sector leva tempo facendo un esforzo para adaptarse á mellor explotación posible dos recursos", explicou Quintana.

As declaracións cobran especial trascendencia, xa que se entende que esa a posición que vai levar a conselleira do Mar ao Consello Consultivo preparatorio para a reunión decisiva dos ministros europeos do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade