A Xunta aconsella consultar a radiación solar en Meteogalicia
A Xunta aconsella consultar a radiación solar en Meteogalicia
A información sobre raios ultravioleta actualízase hora a hora
Tomar o sol: "Ata a unha do mediodía e despois das cinco da tarde"
As Rías Baixas e o Val Miñor en alerta amarela por altas temperaturas
Dende a praia de Xilloi, no Vicedo, a conselleira de Medio Ambiente insistiu en que hai que tomar o sol con responsabilidade para evitar a aparición de cancro de pel e melanomas.
Con este obxectivo, Ángeles Vázquez invita a cidadanía a sacar proveito da detallada información que ofrece Meteogalicia sobre a radiación ultravioleta.
"Todo cidadán pode ver hora a hora a incidencia dos raios ultravioletas e saber, segundo a súa pel, se se pode queimar. Queremos insistir na mensaxe de que ninguén debe expoñerse ao sol nas horas centrais do día", di a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.