A constancia cos tratamentos, indispensable para a calidade de vida dos asmáticos
A constancia cos tratamentos, indispensable para a calidade de vida dos asmáticos
A asma é unha enfermidade crónica que afecta o 5 % de adultos e o 7 % da poboación infantil
Alérxenos como o pole, o mofo ou os ácaros, tamén os contaminantes, a actividade física ou mesmo as emocións fortes ou o estrés poden desencadear unha crise asmática.
Aínda que non tanto como o outono, onde os ácaros e as infeccións víricas desencadean a maioría das crises, a primavera tamén pode ser un momento difícil para os 25.000 galegos que teñen asma.
Calcúlase que para uns 250 esta enfermidade crónica é máis severa. E por iso naceron unidades coma a do hospital de Ourense, onde os pacientes aprenden a lidar coa enfermidade e reciben novos tratamentos. Desde estas unidades insisten na importancia de ser constantes e tomar os medicamentos tal e como os prescribe o médico.