Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cooperación científica entre Galicia e norte de Portugal fai dez anos de "éxito"

A cooperación científica entre Galicia e norte de Portugal fai dez anos de "éxito"

No Programa Iacobus participan unha corentena de organismos, entre universidades públicas, centros tecnolóxicos e fundacións biomédicas ao norte e sur da fronteira

G24.gal 18/09/2024 14:50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca o "éxito" do Programa Iacobus de cooperación científica entre Galicia e norte de Portugal. Díxoo na inuaguración dun congreso celebrado este mércores en Ourense para coincidindo co décimo aniversario desta iniciativa.

Actualmente participan no Programa Iacobus unha corentena de organismos, entre universidades públicas, centros tecnolóxicos e fundacións biomédicas de Galicia e o Norte de Portugal. Nesta década investíronse dous millóns de euros no intercambio de investigadores, patentes e artigos de investigación.

O acto de aniversario estivo presidido por Alfonso Rueda e Antònio Cunha, presidente da rexión norte de Portugal, que cualificaron de éxito esta iniciativa para impulsar a investigación a un lado e outro da fronteira. Rueda e Cunha destacaron que o programa foi "pioneiro" en Europa e agora copiado noutros países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade