Publicador de contidos
Publicador de contidos

A COP27 aproba un fondo para custear perdas e danos polo cambio climático

A COP27 aproba un fondo para custear perdas e danos polo cambio climático

Trátase dunha declaración política sen efectos vinculantes

A UE amosa a súa "decepción" polo acordo climático na COP27

As propostas de mitigación non achegan avances substanciais

G24.gal 20/11/2022 08:21 Última actualización 20/11/2022 13:09

A COP27 aprobou a creación dun fondo para financiar perdas e danos provocados polo cambio climático naqueles países en desenvolvemento "particularmente vulnerables". Era unha demanda histórica destas nacións ameazadas polo quecemento global ao que apenas contribuíron.

As partes da Convención Marco da ONU sobre o Cambio Climático (UNFCCC, polas súas siglas en inglés) reunidas no seu 27ª Cume do Clima en Sharm o Sheikh deron luz verde a este novo mecanismo de financiamento de madrugada, en sesión plenaria.

O texto, unha declaración política sen efectos vinculantes, recolle as propostas consensuadas polas partes para conter o quecemento global por baixo do grao e medio de temperatura media en 2100 respecto aos niveis preindustriais, como recomenda a comunidade científica e reflicte o Acordo de París.

Mitigación

As propostas incluídas no apartado de mitigación -redución da emisión de gases de efecto invernadoiro- non achegan cambios substanciais desde o Pacto de Glasgow, o acordo co que concluíu o último cume do clima.

Tamén se referendou o Plan de Implementación de Sharm o Sheikh, que insta os países a reducir progresivamente a xeración de enerxía a partir do carbón e a abandonar gradualmente os subsidios ineficientes aos combustibles fósiles, petición que xa estaba plasmada no texto de Glasgow.

Do mesmo xeito, recoñece a posta en marcha da Rede de Santiago, un programa de asistencia técnica para minimizar as perdas e os danos causados polos efectos adversos do cambio climático, paralelo ao fondo que dirixiría as axudas cara ás reparacións climáticas nos países máis damnificados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade