Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Castrexa de Lugo, o mellor mural do mundo do mes de xuño

A Castrexa de Lugo, o mellor mural do mundo do mes de xuño

A plataforma Street Art Cities outorgoulle o primeiro posto ao graffiti do lucense Manuel Pallín

A arte efémera e urbana atrae cada día máis turistas á cidade de Lugo

O mural da Castrexa de Lugo nunha fachada ao carón da Muralla da cidade
G24.gal 16/07/2023 20:27 Última actualización 16/07/2023 21:04

Un dos motivos polos que esta parella de turistas cataláns viñeron a Lugo foi para coñecer a arte urbana que se fai na localidade, un aliciente máis para visitar a cidade que agora, ademais, conta con dous murais que foron seleccionados como os mellores do mundo.

Yoe33 é o autor do da Castrexa.

Yoe33 recibiu con moita satisfacción o logro de que a súa Copora conseguise o título do mellor mural do mundo pola plataforma Street Art Cities.

A plataforma comunicábao este domingo nas súas redes sociais.

Esta tarde había moitos turistas paseando polo adarve da muralla. Todos paraban para ver o mural.

Para o autor, que este mural fora declarado o mellor do mundo de xuño é un logro colectivo, un beneficio para a cidade. Agora a obra postúlase para conseguir ser o mellor mural do mundo de todo o ano 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar