A Coral de Ruada de Ourense volve á actividade tras a pandemia
A Coral de Ruada de Ourense volve á actividade tras a pandemia
A agrupación ten máis de cen anos de vida
E despois de máis de ano e medio sen actuacións nos escenarios, a Coral de Ruada de Ourense, con máis de 100 anos de vida, volve á actividade con moita ilusión para seguir espallando a música tradicional galega.
Os máis de 50 integrantes da Coral de Ruada volven ao que máis lles gusta: cantar e contar a historia de Ourense a través da música tradicional galega. Nos seus 103 anos só pararan en dúas contadas ocasións; e, agora, ano e medio de pandemia.
Volven poñer voz, agora con máscara e cun maior esforzo vocal, ás máis de 500 cantigas que atesouran desde hai xa 103 anos. E tamén cun novo director cunha longa traxectoria no conservatorio.
Xa teñen calendario de actuacións e, adaptándose a este tempo pandémico, a Coral de Ruada segue preservando e espallando a música popular galega por todos os recunchos do país.