A coroación do rei que agardou 70 anos
A coroación do rei que agardou 70 anos
Un repaso polas imaxes e os sons dunha cerimonia con máis de 1.000 anos de historia
"Deus salve o rei". No resto do planeta resulta un tanto inexplicable este fenómeno que continúa escribindo páxinas da historia. Asistiron representantes de 200 países, un cento de xefes de Estado. Filipe VI co uniforme que levara en 2014 na súa proclamación como rei, que non coroación.
A cerimonia da coroación non a mantén monarquía europea ningunha. Pero a británica continúa con esta cerimonia con máis de mil anos de historia, seguida con solemnidade dende os parques de Londres, ante as pantallas que amosaban eses ritos medievais.
Da abadía de Westminster, das rúas e das carrozas e do balcón de Buckingham xurdiron imaxes e sons que dan proba da fascinación que segue espertando no mundo este espectáculo tan británico.