Cargando resultados...
A Coruña, á cabeza en sancións polo uso do móbil ao volante
A Coruña, á cabeza en sancións polo uso do móbil ao volante
Foron case 4.200 denuncias, o que supón un incremento do 86 % no último ano
G24.gal
06/04/2022 14:33
O uso do móbil ao volante multiplica por máis de vinte as posibilidades de verse implicado nun accidente pero, aínda así, cada día seguimos a ver persoas que o fan.
O ano pasado Tráfico notificou máis de 10.200 multas, o que equivale a que cada día, de media, 30 galegos vaian co móbil ao volante.
Para poñerlle freo, Tráfico acaba de endurecer o catálogo de sancións: Retirada de seis puntos e 200 euros de multa, ou o que é o mesmo; con dúas sancións por usar o móbil ao volante o saldo do carné quedaría a cero.
Segundo a DXT, máis do 90 % das infraccións por descoidos son por atender chamadas ou enviar e recibir mensaxes.