Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña celebra o Día do Deporte na Rúa

A Coruña celebra o Día do Deporte na Rúa

Nesta XXXVII edición estiveron representadas 60 disciplinas deportivas

G24.gal 30/06/2024 14:41

O deporte tomou, na mañá deste domingo, a rúa na Coruña. Arredor da Cidade Deportiva de Riazor, cidadáns de todas as idades tiveron ocasión de participar ou probar gratuitamente algunha das sesenta disciplinas representadas neste trixésimo sétimo día do deporte na rúa.

"Represéntao todo porque é saúde, é actividade física, é un pouco o que nos axuda a saír adiante", afirma una participante.

"E xa metendo os cativos, que aprendan desde pequenos, que o vexan. Que o vexan nos pais, na xente. Aprenden véndoo", engade un pai.

Esgrima, patíns, zumba, baloncesto, equitación, actividades náuticas... unha oferta tan variada como variados os son gustos dos participantes.

Confirmamos que o deporte está aberto a todas as idades e condicións. Geni resíntese dun xeonllo pero atopámola xogando ao baloncesto. Tamén practica badminton e hóckey.

"Si, si, goles paro bastantes. O hóckey é o que mellor se me dá", asegura Geni.

Tres horas de deporte e liberacion de endorfinas, unha cita que ademais de achegar a práctica deportiva á cidadanía, busca darlles visibilidade e apoio aos clubs e entidades que se dedican ao deporte na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos