Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Marisquiño inunda a praia de Samil de deporte urbano

O Marisquiño inunda a praia de Samil de deporte urbano

O maior evento da cultura urbana e deportes de acción do sur de Europa regresa a Vigo

Un gran festival en plena cidade ao aire libre e gratuíto que congrega unhas 160.000 persoas estes días

Fin de semana de emoción no Marisquiño en Vigo
G24.gal 12/08/2023 17:10

A súa nova localización, na praia de Samil, é a principal novidade desta edición 
O tempo obrigou a adiantar a competición de Dirt Jump que este ano estará en Samil onde se celebrarán as probas máis importantes deste Marisquiño.

Un lugar privilexiado para o público pero tamén para os riders que participan nesta edición.

Unha aposta arriscada que ten como obxectivo o de ampliar espazos e seguir crecendo de cara a ese 2025, no que farán as súas vodas de prata.

O Marisquiño conta con catro disciplinas olímpicas. Este ano, cun cartel de luxo a nivel deportivo. Os mellores riders do mundo, xa están competindo en Vigo.

Samil ofrece un espazo de 200.000 metros cadrados xunto ao mar onde poderemos gozar das probas de brake dance, bmx, dirt jump ou skate entr outras disciplinas.

Competición pero tamén zonas de gastronomía, descanso e ocio para poder gozar ao completo. No paseo das avenidas celébranse as probas de baloncesto 3x3 e na renovada Porta do Sol, as batallas de galos. 

Unha despregadura por toda a cidade, con Samil como epicentro dun Marisquiño durante toda esta fin de semana, que volve ás súas orixes regresando a un espazo que será o seu sinal de identidade no futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar