Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nas Rías Baixas a ocupación hoteleira roza o completo nesta ponte festiva

Nas Rías Baixas a ocupación hoteleira roza o completo nesta ponte festiva

En Vigo, o Marisquiño atrae unhas 160.000 persoas nunha das datas máis turísticas do ano

G24.gal 13/08/2023 20:56 Última actualización 13/08/2023 21:14

As Rías Baixas é un dos destinos galegos máis demandados nesta época do ano. Moitos visitantes veñen por primeira vez, pero tamén ten un turismo fiel que vén buscando praias e fuxindo de temperaturas extremas.

Hoteis coma este de catro estrelas de Silgar están ao 100 % de ocupación nesta quincena, a mellor de todo o verán, pero agardan prolongar os bos datos ata mediados de setembro, dependendo coma sempre do tempo que faga.

"Estes días está practicamente todo cheo, sempre pode haber unha cancelación de última hora, pero practicamente estamos ao cen por cento", di Óscar Fontán Cacabelos, director do Gran Talaso Hotel Sanxenxo.

Vigo foi un goteo constante de turistas esta fin de semana.
A cidade vai sobre as rodas dun festival xa consagrado, que este ano fixo unha importante aposta por trasladar gran parte da competición a Samil.

O ambiente xerado polas diferentes competicións nótase nas rúas, nos bares, nos hoteis e a veciñanza parece que tamén o goza.

"Hai moita xente que se despraza para ter todos os escenarios preparados. É unha organización moi grande. Traen xente de todos os lados do mundo", destaca Iván Sánchez, presidente da Asociación de Hostalería de Vigo.

Esta nova localización do Marisquiño ten trazas de ser todo un triunfo para os seus organizadores. Este evento atrae unhas 160.000 persoas nunha das datas máis turísticas do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade