Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un patio cheo de lixo causa problemas nun edificio de Ferrol

Un patio cheo de lixo causa problemas nun edificio de Ferrol

A sucidade causou fendas e humidades nas paredes, ademais da presenza de ratas e cascudas 

Patio no que se amorea o lixo
G24.gal 04/07/2024 15:59

Preocupación de veciños e comerciantes de Ferrol polo estado de abandono dun edificio propiedade do Concello, en pleno centro da cidade. Ás fendas nas paredes e ás humidades súmase agora bichería variada e un problema de lixo nun patio de apenas uns metros. 

Montse é unha das afectadas. Despois de 24 anos coa tenda, tivo que tapiar o único respiro do baño para evitar unha nova visita das cascudas ou cousas peores.

O foco do problema está ao outro lado da parede, nun patio diminuto ao que non se pode acceder porque a reixa nin sequera se dá aberto.

A queixa esténdese por todo o número 28 da praza de España, un edificio en pleno centro da cidade, que é propiedade do Concello. Nese recuncho inmundo, amoréase o lixo e nos últimos tempos tamén pequenas bolsas con cagadas de can que alguén tira intencionadamente.

A última alarma saltou pola presenza de ratas, pero as reclamacións veñen de lonxe. Hai fendas e humidades nas paredes e unha terraza que se afundiu xa hai tempo sobre o almacén da tenda de Montse. Piden unha reforma que vaia máis alá dun lavado de cara.

O Concello ten preparado un proxecto, pero, de momento, todo apunta a que se van ter que conformar cunha lixeira reparación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade