Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Marisquiño arrinca este xoves e espera a chegada de varios 'skaters' olímpicos

O Marisquiño arrinca este xoves e espera a chegada de varios 'skaters' olímpicos

A festa contará con concertos e actividades e competicións de 'skate', BMX, baloncesto 3x3, 'breakdance', 'flatland' e graffiti

Ata dez deportistas de todo o mundo participarán na proba de 'skate' adaptado

Marcelo Lusardi no 'skatepark' do Marisquiño Marcelo Lusardi no 'skatepark' do Marisquiño
G24.gal 07/08/2024 16:55

A XXIV edición do Marisquiño arrinca este xoves en Vigo, á espera da chegada dos deportistas olímpicos que compiten en París, entre eles a skater coruñesa Julia Benedetti e os tamñen españois Danny León, e Natalia Muñoz. Nesta primeira xornada máis de 250 mozos participarán en actividades de skate, BMX, baloncesto 3x3, breakdance, flatland e graffiti.

O skater Marcelo Lusardi, embaixador do Marisquiño para a proba de skate adaptado, explicou este mércores que nesta competición van participar dez deportistas de distintas partes do mundo e que o obxectivo final é mostrar que “o skate está aberto a todo o mundo, teñas discapacidade ou non”.

Nado na Arxentina, pero emigrado de pequeno a Santiago de Compostela xunto á súa familia, Lusardi empezou a perder visión do ollo dereito en xuño de 2015. Un ano despois diagnosticáronlle unha enfermidade coñecida como neuropatía óptica de Leber.

Pola súa banda, o australiano Richard Moore mostrouse “moi contento” de poder estar en Vigo, e destacou que este evento é “unha grande oportunidade” para que skaters con discapacidade de distintas partes do mundo poidan atoparse nunha competición de tanto nivel.

Esta nova edición do Marisquiño volverá ter como eixe central a praia de Samil, na que se concentran a maioría das disciplinas e os concertos.

Con todo, tamén haberá competición noutras zonas da cidade co descenso MTB (desde O Castro ata O Berbés) e a competición de baloncesto 3x3 na zona do Náutico.

O peruano Angelo Caro, os arxentinos Mauro Iglesias e Matías del Ollio, os norteamericanos Brady Baker, Daniel Sandoval, Jeremy Malott, Dan Mancina ou Kanya Sesser e os brasileiros Felipe Souza e Italo Romano serán algunhas das figuras que acudan a Vigo.

"Arrinca o Marisquiño máis olímpico", apuntou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nunha mensaxe de voz remitida aos medios de comunicación.

O alcalde, que seguiu a competición de skate nos Xogos Olímpicos de París, dixo que o evento de Vigo non ten nada que envexar ao destes días en Francia e asegurou que a da súa cidade é "a mellor fin de semana de deportes urbanos do mundo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar